Puntos de actuación
As nosas liñas de traballo combinan innovación, accesibilidade e colaboración multidisciplinar para ofrecer autonomía, calidade de vida e participación activa ás persoas con discapacidade e persoas maiores
Realidade virtual e realidade aumentada
Prototipado e probas de aplicacións de realidade virtual e aumentada. Facilitan a intervención e a adquisición de habilidades básicas. Estas oriéntanse ao desenvolvemento de actividades cotiás e ao adestramento para a vida laboral.
Domótica adaptada ou asistencial
Desenvolvemento de control do contorno, asistentes de voz, xestión enerxética, confort, seguridade e comunicación adaptada para persoas con discapacidade.
Tecnoloxía wearable
Desenvolvemento de tecnoloxías *wearable* que permiten optimizar ou monitorizar as actividades do usuario, mentres se usan de forma cómoda e continua.
Robótica
Axudar na realización de actividades da vida diaria a través da robótica asistencial, acompañamento e apoio social naqueles casos nos que a persoa se atope en situación de soidade, illamento ou precise rehabilitación física ou cognitiva.
Alfabetización dixital
Proporcionar oportunidades de aprendizaxe ás persoas maiores e persoas con discapacidade para a adquisición de competencias tecnolóxicas.
Dixitalización dos datos e dos procesos
Creación de software accesible e personalizado para o uso de ferramentas intelixentes.
Impresión 3D e espazo Maker
Espazo colaborativo para o deseño e elaboración de produtos de apoio personalizados.