Política de privacidade

Mediante este aviso, o CITIC informa os usuarios do seu portal acerca da súa política de protección de datos de carácter persoal para que determinen, libre e voluntariamente, se desexan facilitar os datos persoais que se lles poidan requirir ou que se poidan obter con motivo do acceso ou uso da Web. O CITIC resérvase o dereito de modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais. Neste suposto, anunciaranse nesta páxina os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica.

Rexistro de ficheiros e formularios

Os datos de carácter persoal recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados ao Ficheiro que se detalla no clausulado informativo de cada sección na que poidan recollerse datos de carácter persoal e que, conforme á normativa aplicable, se atopa inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

O CITIC proporciona aos usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo, poidan acceder a este aviso sobre a Política de Privacidade ou a calquera outra información relevante e poidan prestar o seu consentimento a fin de que se proceda ao tratamento automatizado dos seus datos persoais. Agás nos campos nos que se indique o contrario, as respostas ás preguntas sobre datos persoais son voluntarias, sen que a falta de contestación implique unha merma na calidade ou cantidade dos servizos correspondentes, a menos que se indique outra cousa.

Exactitude e veracidade dos datos facilitados

Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados.

O CITIC non responde da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que se indique outra fonte, polo que tampouco asume responsabilidade algunha en canto a hipotéticos prexuízos que puidesen orixinarse polo uso de dita información.

O CITIC resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar a información contida nas súas páxinas web, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso a dita información.

Exonérase ao CITIC de responsabilidade ante calquera dano ou prexuízo que puidese sufrir o usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións, na información facilitada sempre que proceda de fontes alleas ao CITIC.

Únete á rede RIDi!

Únete á rede e forma parte dos avances e nas nosas iniciativas tecnolóxicas para la inclusión.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.